O mundo da buxaina funciona como fío condutor para os talleres de manualidades, literatura ou contacontos que organiza o Concello de Culleredo para 1.300 escolares de Educación Primaria do municipio. Están enmarcada na exposición "O espazo máxico. Buxainas e libros para nenos" organizada pola Concellaría de Educación na aula de Natureza do Burgo.
Os escolares realizan ao fío da mostra, que ofrece unha colección de peonzas de todos os continentes xunto con pezas literarias e ilustracións relacionadas, diversas actividades. Por unha banda, os pequenos crear unha buxaina caseira para facela rodar e así crear bosquexos de pintura contemporánea.
Doutra banda, o Concello ensina aos nenos os diferentes tipos de buxainas e realizan un taller de animación á lectura con este tema de fondo. Ademais, desenvólvese unha visita guiada á mostra.
A concelleira de Educación, Carmen Varela, acompañou aos escolares. A edila destaca o "grande compoñente didáctico" da actividade, potenciando o traballo de habilidades a través dun xogo tradicional, pero atractivo para os nenos.
Varela explica que a exposición é posible grazas á colaboración co colectivo da revista Peonza, a través do profesor Luís Ramas, do CEIP Isaac Díaz Pardo.
A mostra estará aberta ata o 10 de novembro na aula de Natureza. Esta exposición ofrece:
O horario de visita é de luns a venres, de 18.00 a 21.00 horas, e sábados de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER