O goberno local investirá 604.806 euros en distintas obras de infraestruturas, centradas, especialmente, na mellora de diversas rúas e vías municipais. Os traballos, que se inclúen no Plan de Obras e Servizos da Deputación, acaban de saír a contratación. As obras serán financiadas pola Deputación e o Goberno, que achegarán 418.698 euros e o propio Concello que financiará as obras con 186.108 euros. Incluirán o arranxo do asfalto destas rúas e vías, así como a limpeza de foxos e á mellora da sinalización horizontal.
O goberno local optou este ano por incluír neste plan a maior parte das obras de pavimentación de estradas do termo municipal que con anterioridade pactara coas asociacións veciñais, debido ao deterioro das mesmas como consecuencia das choivas que caeron nos últimos meses, segundo explicou o alcalde, Julio Sacristán. Ademais das obras de viais e rúas, o Plan de Obras e Servizos inclúe a mellora do parque de Vilaboa cun investimento de 136.000 euros.
Dentro dos proxectos de pavimentacións do plan destaca o de Donapedre á CP- 1708 cun investimento próximo aos 100.000 euros. Na relación de obras tamén se inclúen os arranxos da vía desde Peiro a Ermida de Ternande, na súa segunda fase, con case 43.000 euros; o aglomerado das rúas Matosiñas e Andrés Reboredo, cun custo duns 37.000 euros; a vía desde o centro cultural de Almeiras á rúa Os Pereiros, con outros 42.000 euros; desde Cornedo ao límite do municipio con Cambre por 30.313 euros; a mellora desde a igrexa de Sésamo a Cornedo, con outros 31.000 euros; o núcleo de Peiro de Abaixo e a vía desde Peiro a Cabana con máis de 75.000 euros; a conexión de Peiro de Abaixo a Lamelas, con 40.600 euros; a rúa Antón Losada e a Avenida da Corveira, con 34.800 euros e as rúas Castelao e Manuel Murguía con 34.300 euros.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER