A Casa do Concello de Culleredo acolle o xoves 7 de novembro a charla informativa que promove a Deputación da Coruña co fin de explicar os programas de subvencións provinciais para o ano 2014. O encontro levará a cabo no salón de plenos de 20.00 a 22.00 horas.
Estas charlas está destinada a directivos ou representantes das entidades sen ánimo de lucro interesadas en solicitar unha axuda provincial dentro do catro programas existentes: Deportes, Cultura, Servizos Sociais e Promoción Económica.
A convocatoria é aberta e non é necesaria inscrición previa para participar.
Durante a sesión informarase detalladamente das novidades nas bases das convocatorias, dos prazos para a solicitude e a presentación de certificados, así como do funcionamento do proceso telemático a través da web da Deputación.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER