O goberno de Culleredo afánase en ofrecer o máximo de recursos, dentro das súas competencias en materia educativa, aos veciños do municipio. Unha das vertentes que máis se traballa é o apoio aos pais e nais no desenvolvemento da súa acción formativa.
Con esta intención, o Concello organiza a Escola de Nais e Pais, que este curso cumpre 25 anos en funcionamento. O seu obxectivo é propiciar un intercambio de experiencias entre os proxenitores que permita desenvolver estratexias educativas e responder as situacións que vaian xurdindo na educación dos fillos, explica a concelleira de Educación de Culleredo, Carmen Varela.
Este programa ten xa aberta a súa inscrición. O seu labor prolongarase desde este mes de novembro ata finais de curso.
O Concello lanza a inscrición á Escola de Nais e Pais con grupos nos catro CEIP (Ría do Burgo, Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo e Tarrío) e no IES Branco Amor. Os horarios da Escola son á primeira hora da tarde, tras o termo das clases, unha hora e media con periodicidade quincenal. Haberá servizo de atención aos nenos dos participantes.
Para apuntarse á Escola é necesario acudir ao departamento municipal de Educación, sito no Pazo de Vila Melania de Vilaboa. O teléfono é 981 661208 e o correo electrónico educación@culleredo.org.
Os contidos a abordar na Escola son variables segundo as idades dos fillos e as propias necesidades que manifesten os participantes. De forma xeral, nas idades de Infantil e Primaria, falaranse de temas como o coñecemento dos fillos, en que educar, estilos educativos, a comunicación ou alternativas aos castigos.
En Secundaria, as materias serán a conduta dos adolescentes, estratexias para conversar, resolución de conflitos, como estudar, ou o lecer na adolescencia.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
inscricion_escola_nais_pais.pdf | 307.79 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER