O Concello de Culleredo desenvolverá no vindeiro Nadal unha edición máis dos campamentos urbanos de Nadal. Nesta ocasión, a Concellería de Cultura propón actividades para nenos e nenas, de 3 a 12 anos de idade, entre o 23 de decembro e o 8 de xaneiro.
Baixo o título de "O Nadal no espacio", os participantes levarán a cabo actividades de ocio educativo durante as vacacións escolares.
O Concello abre a preinscrición entre o 25 e o 29 de novembro. Para máis información pódese contactar coa Concellería de Cultura no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (981 665 597).
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
diptico_campamentos_nadal_2013-2014.pdf | 297.34 KB | |
preinscricion_campamentos_nadal_2013-2014.pdf | 11.62 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER