Culleredo prepárase para a súa xornada máis solidaria. O Concello e varias ONG organizan este sábado, 30 de novembro, a Festa Solidaria, un evento cargado de actividades para persoas de todas as idades coas miras postas en colaborar coas entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento do seu labor.
Por iso, o Concello, desde a súa área de Cooperación, preparou un amplo programa que permita congregar a decenas de persoas nesta Festa. Levarase a cabo no polideportivo do CEIP Sofía Casanova de Vilaboa, en horario de 12.00 a 20.00 horas.
As ONG que forman parte deste evento solidario desenvolven un traballo "moi necesario e dabondo recoñecido" en Culleredo, apunta a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Marta Iglesias. Trátase de Cáritas, Mundo Cooperante, Mestura e Accem.
Para atraer visitantes que contribúan a esta Festa Solidaria, o goberno municipal propón a seguinte programación:
Iglesias sinala que a principal finalidade da Festa Solidaria reside en crear un espazo con actividades atractivas para dar visibilidade ao traballo destas ONG, propiciando ademais que poidan recadar fondos para os seus programas.
O Concello anima aos veciños a achega ao polideportivo de Vilaboa nalgún momento da xornada para achegar un gran de area a estas entidades.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER