O Concello de Culleredo comezou os traballos de remodelación do parque infantil de Tarrío. Trátase dunha das actuacións programadas polo goberno municipal para mellorar estas infraestruturas, que son utilizadas a diario por decenas de familias do municipio.
O concelleiro de Obras, Narciso Marzoa, explica que neste caso a actuación consiste na instalación dun novo chan de caucho que garanta unha maior seguridade aos pequenos usuarios do parque. Ata agora o recinto contaba con chan de area, polo que o goberno local, atendendo ás peticións trasladadas polos veciños de Tarrío, decidiu a súa substitución.
As máquinas da empresa adxudicataria procederon xa á retirada dos xogos infantís e elementos de mobiliario urbano, que serán repostos unha vez colocado o novo chan. A realización deste proxecto conta cun orzamento de preto de 10.000 euros, con financiamento da Deputación da Coruña.
Marzoa apunta que o parque infantil de Tarrío, situado no centro do núcleo, xunto ao consultorio médico, concentra cada día aos nenos da zona ao ser un dos principais espazos para o esparexemento. Por iso, o Concello buscou o financiamento e emprendeu a actuación, que estará acabada nas próximas semanas.
Instalación de cubertas en 2014
A modernización dos parques infantís de Culleredo será unha constante en 2014. O proxecto de orzamentos recentemente aprobado contén un ambicioso plan para cubrir parte dos parques infantís e así ampliar o seu horario de uso, especialmente durante o outono e inverno.
O Concello levará a cabo unha primeira fase deste proxecto nos 5 parques con maior afluencia do municipio. Se o resultado é satisfactorio, o goberno local continuará o plan en anos sucesivos cubrindo máis parques.
En 2014, os parques que se cubrirán son:
Este plan suporá un investimento de 257.000 euros. O goberno de Culleredo decidiu apostar por esta iniciativa para crear así instalacións infantís pioneiras e dar resposta ás necesidades dos veciños.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER