O goberno de Culleredo dá un paso máis para apoiar ás familias sen recursos do municipio. O Concello crea o Fondo Municipal de Alimentos co obxecto de reforzar a distribución dos produtos ás familias máis vulnerables e con maior necesidade.
O Fondo acollerá os alimentos recibidos para posteriormente canalizalos ás familias sen recursos. A distribución levará a cabo a través da ONG que traballan neste ámbito, coñecendo a realidade e organizando as achegas.
A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, explica que a proposta consiste en acumular neste Fondo as contribucións procedentes das diferentes campañas que leven a cabo, tanto por institucións públicas como privadas, ademais do tecido asociativo cullerdense. "A filosofía é a de ampliar a repartición de alimentos con este novo fondo", apunta.
O Concello de Culleredo conta con achegas de Cruz Vermella e con doazóns puntuais, como a recibida a pasada semana polo Club de Leóns de Oleiros. Co fondo "centralizarase" a recepción de alimentos reforzando o espírito solidario da cidadanía cullerdense.
Campaña da Oficinal Municipal de Voluntariado
Unha das primeiras contribucións ao novo Fondo chegará desde a campaña de recollida de alimentos iniciada o luns pola Oficina Municipal de Voluntariado. Prolongarase ata o próximo 22 de decembro e o seu obxectivo é recibir achegas de alimentos non perecedoiros para apoiar á mellora das situacións de maior dificultade.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, responsable da Oficina Municipal de Voluntariado, apunta que os veciños dispoñen de caixas para depositar os alimentos nas seguintes dependencias municipais: Vila Melania, Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, Casa do Concello, e centro municipal de formación Pablo Picasso.
Igrexas fai un chamamento ao apoio cidadán para as familias con dificultades nun momento tan "sensible" como o actual. A edila agradece o labor fundamental dos voluntarios municipais para campañas solidarias como esta, ou a de recollida de xoguetes aínda en marcha.
O goberno municipal anima a todas as institucións, asociacións, empresas ou particulares de Culleredo a contribuír agora e ao longo do ano con doazóns ao Fondo Municipal de Alimentos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER