Culleredo busca 40 nenos voluntarios para a Cabalgata de Reis

O goberno de Culleredo abre a participación na tradicional cabalgata de Reis aos pequenos do municipio. O Concello busca 40 nenos para asumir o papel de 30 pastorcillos nas carrozas das súas Maxestades de Oriente e de 10 piratas no galeón.

Para acurdir como voluntarios á cabalgata, os pais poden apuntar aos nenos desde o xoves 12 de decembro. Para iso deben chamar, en horario de 16.00 a 19.00 horas, ao teléfono 981 912 120 para deixar os seus datos e os dos pequenos.

Poderán formar parte do séquito dos Reis Meigos os nenos e nenas nacidos en 2005, ou anos anteriores, e empadroados en Culleredo. A cabalgata terá lugar o próximo 5 de xaneiro, percorrendo as principais rúas e núcleos do municipio.

Os pais terán que asinar a pertinente autorización para a participación dos seus fillos. Ademais, antes da cabalgata, deberán recoller o disfrace de pastor ou de pirata. Ese día recibirán toda a información necesaria para a organización do día 5.

Os postos iranse cubrindo por orde de inscrición, até a cota máxima das prazas dispoñibles.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina