Un neno cullerdense gaña un premio de pintura de Fertiberia

Un neno de Culleredo, Daniel Romasanta da Silva, logra entrar no cadro de premiados do Certame de Pintura Rural Fertiberia, que este ano alcanzou a súa XVII edición. Das 37.000 obras recibidas por escolares de todo o país, a pintura de Daniel logrou o cuarto premio, todo un logro dado o gran número de propostas que concursaban.

O pequeno, alumno do CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo, recibiu o premio nun acto celebrado no Conservatorio de Música de Culleredo. O acto reuniu ao conxunto da comunidade escolar cullerdense: o Concello de Culleredo, a Xunta de Galicia, a dirección do CEIP, a ANPA e por suposto os compañeiros de Daniel, que non cesaron en aplaudirlle pola súa fazaña.

En representación do Concello acudiron o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, e a concelleira de Educación, Carmen Varela. Rioboo felicitou ao escolar en nome do Concello e destacou a gran participación do colexio no certame, con 95 obras enviadas.

"Seguro que o ano que vén poderedes obter outro premio", expresou aos alumnos. O primeiro tenente de alcalde mostrouse "orgulloso" de que un cullerdense se alzase con este premio demostrando as súas grandes calidades artísticas. "O teu traballo vai levar o nome de Culleredo por moitos sitios", apuntou.

O representante de Fertiberia, Pedro Guerreiro, agradeceu a gran implicación dos profesores do colexio para impulsar o certame. Presentou ademais o calendario de 2014 que editará a empresa cos debuxos gañadores, sendo a pintura de Daniel a imaxe dos meses de xullo e agosto.

A empresa, ademais dos premios ao gañador, tivo detalles tanto para a titora da súa clase como para a ANPA do colexio. Ademais, todos os pequenos levaron unha bolsa de Fertiberia con varios agasallos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina