O Concello de Culleredo lanza un ambicioso programa para a dinamización comercial do municipio con motivo das festas de Nadal. O alcalde, Julio Sacristán, a concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, o concelleiro de Turismo, Juan Carlos Iglesias Lovelle, e o presidente da asociación de Comerciantes de Culleredo, José Luis Vilariño, presentaron hoxe a programación "Vive o Nadal en Culleredo".
O obxectivo da campaña consiste en animar aos cidadáns a comprar en Culleredo. Serán actividades na súa grande maioría nas rúas, apuntou o alcalde, coa finalidade de crear un espazo agradable que incentive a empregar o comercio local nestas datas.
Ademais, o programa conta con diferentes actividades para os pequenos, o que permite aos pais dispor de un espazo para deixalos mentras fan as súas compras.
Sacristán destacou asemade que o Concello "acelerou" as obras de humanización de Hersa e Sanjurjo de Carricarte para que estiven finalizadas esta semana. Agora contan con novas xardineiras, bancos e aparcabicis.
Iglesias salientou que a Cabalgata deste ano, que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro, incluirá unha gran festa final no parque Europa.
Pola súa banda, o presidente dos comerciantes agaradeceu o apoio "real" do Concello e que xa contara coa asociación xa na confección do programa.
A programación "Vive o Nadal en Culleredo" é a seguinte:
Venres 20
Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas.
Adornos do nadal con goma eva e material de refugallo
No Burgo, Fonteculler (centro social) e no Pazo de Villa Melania.
Luns 23
Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas
Trono de Papa Noel: recollida de cartas no Pazo de Villa Melania de 17.00 a 20.00 horas.
Venres 27
Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas
Luns 30
Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas
Venres 3
DISCO LITE
Idades dende 5 ata 12 anos.
Desfile de disfraces, xogos de animación ,coreografias musicais.
Entrada de balde
Pavillón Sofia Casanova, 17.00 A 20.00 horas.
Chocolatada.
O día 23 de decembro no Burgo, o 27 de decembro no Pazo de Villa Melania, e o 30 de decembro en Fonteculler realizarase unha chocolatada de balde a cargo da Asociación do Comercio de Culleredo.
Cabalgata de Reis, o día 5 de xaneiro de 2014.
Carpa con animación infantil
Animación infantil, música xogos……
Chegada e Recepción dos reis
Parque Europa
17.00 a 20.00 horas.
Animación nas rúas.
Durante os días 13 o 23 de decembro en horario de 18:00 a 20:00 horas un Papa Noel e dous axudantes percorrerán as rúas do Concello animando e recibindo a todos os nenos/as que queiran entregarlle a súa carta. E dende o 27 de decembro ao 3 de xaneiro 2014 en horario de 18:00 a 20:00 horas, uns paxes reais percorrerán as rúas do Concello.
Obradoiros de Nadal. Toas as actividades están dirixidas aos nenos/as dende 5 aos 12 anos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER