O polideportivo municipal de Vilaboa será o escenario, o venres 3 de xaneiro, dun dos principais actos organizados polo Concello de Culleredo na campaña do Nadal de dinamización do comercio local. Trátase da denominada "Disco Lite", unha gran festa infantil que reunirá a decenas de nenos do municipio.
O evento contará con moitos xogos e moita música que farán as delicias dos pequenos. De especial expectación será o desfile e baile de disfraces, que contará con premios aos mellores modelos. As coreografías musicais máis coñecidas non faltarán na festa.
A "Disco Lite" celebrarase no horario de 17.00 a 20.00 horas, con entrada totalmente gratuíta. Está dirixida para nenos e nenas de 5 a 12 anos de idade.
Esta acción únese aos talleres, xogos e competicións de baile ou videoxogos que organizou o Concello nos núcleos urbanos para animar a comprar nos pequenos negocios do municipio.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER