Os veciños de Culleredo dispoñen desde as pasadas semanas dun novo servizo para o depósito de aceite de cociña usado, un dos residuos máis contaminantes e á vez máis habituais en calquera vivenda. Trátase dun servizo que ofrece o Concello a través do Consorcio As Mariñas, entidade comarcal que xestiona o tratamento de residuos sólidos urbanos.
O goberno de Culleredo elixiu as zonas máis concorridas do municipio para a colocación dos colectores onde os veciños poden depositar o aceite, en botellas pechadas. As localizacións son as seguintes:
O goberno local destaca que este servizo supón unha importante facilidade para os residentes para desfacerse dun residuo moi contaminante e que pode xerar moitas molestias de ser vertido polos fregaderos. Malos cheiros, presenza de roedores ou avarías son algúns dos problemas causados por esa práctica. Ademais, a chegada de aceite ás depuradoras dificulta o seu correcto funcionamento.
En canto aos seus niveis de contaminación calcúlase que un litro de aceite de cociña usado chega a contaminar 1.000 litros de auga. Agora, con este novo servizo, unha empresa xestora do residuo recolle as botellas dos colectores e propicia a súa reutilización como biocombustible.
O equipo de goberno resalta que este novo servizo non leva ningún tipo de custo adicional para os veciños nin tampouco para a administración. O Concello considera que se trata dunha iniciativa que beneficia aos veciños e á vez impulsa a reciclaxe e preservación do medio.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER