Medidas para a tramitación dos expedientes do Plan de Illamento Acústico do aeroporto

1. Recepción do escrito de AENA, onde se indica que o inmoble sofre entre 60 db e 50 db noite e é susceptible de adoptar medidas de insonorización.

2. Remitir a AENA, canto antes a documentación que se lles pide:

  • Se é Comunidade de Propietarios (edificio plurifamiliar): Acta da reunión da comunidade, designando representante e autorizando obras nos elementos comúns da finca (cuberta, fachada, etc.).
  • Licenza de obras, certificado final da obra ou certificado do Concello de que o edificio ou a vivenda é anterior ao 4 de outubro de 2010.
  • Referencia catastral ou IBI de cada un dos pisos do edificio. En caso de inquilinos, autorización do propietario para realizar as obras e as medicións.
  • Fotocopia do DNI ou NIF, que acredite a personalidade do representado.
  • Fotocopia do DNI ou NIF que acredite a personalidade do representante.

3. Aqueles que non recibiron carta de AENA, estando incluídos na envolvente de insonorización, deben dirixirse canto antes ao Concello ou ao Plan de Illamento Acústico (Avda. Partenón 4-6, 3ª planta, 28042 Madrid, teléfono: 915903170, FAX: 915903180) para solicitar a súa inclusión.


FASES DOS EXPEDIENTES

1. Remisión de documentación polo interesado ao Plan de Illamento Acústico

2. Estudo da documentación por AENA.

3. Medicións a efectuar pola empresa contratada por AENA.

4. Do resultado das medicións, AENA adopta a decisión que corresponda.

5. AENA encargará o proxecto de Insonorización á empresa seleccionada.

6. Redacción do proxecto e toma de coñecemento polo afectado.

7. Aprobación do proxecto e da contía económica por AENA.

8. Execución das obras pola empresa.

9. Conformidade ou non das obras executadas polo propietario.

10. No seu caso, inspección por AENA das obras.

11. Pago por AENA á empresa de:

  • Dirección de obra
  • Proxecto de obra.
  • Licenza de obra.
  • Execución da obra.
     

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina