Culleredo acolle no xardín botánico do Burgo a súa exposición máis solidaria. Trátase da mostra do concurso "Imaxes con fondo" que organizou o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que forma parte o Concello de Culleredo.
A exposición estará aberta ao público ata o vindeiro venres 7 de marzo. O horario de visita é de luns a venres de 18.00 a 21.00 horas, e os sábados de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 21.00 horas.
A Concellaría de Formación de Culleredo, que organiza a mostra, sinala que "Imaxes con fondo" pretende promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe. Deseñada polo debuxante Pepe Carreiro, está conformada por 19 obras que concursaron nas dúas seccións do certame, que se reeditará en 2014.
No apartado dirixido a persoas adultas, convidábase a reflexionar ao redor da repercusión das nosas prácticas sobre os países do Sur. Na categoría xuvenil, o tema central era a solidariedade na nosa sociedade.
A exposición resultante aposta así polas condutas respectuosas coa contorna e coas persoas que nela habitan. A solidariedade intergeneracional, o aforro enerxético, a protección ambiental, o consumismo, a prostitución, a explotación laboral, a crise alimentaria e as desigualdades Norte-Sur son algunhas das temáticas abordadas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER