O Concello de Culleredo, que forma parte da reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, participa o mércores 26 de febreiro na xornada "Oportunidades dos productos locais para o emprendemento no sector agroalimentario", que terá lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, moderará unha das mesas de debate do evento. En concreto, será a que verse sobre a produción hortícola e os circuitos curtos de comercialización.
A xornada xuntará a emprendedores da comarca para expoñer os seus casos e así poder identificar oportunidades de desenvolvemento.
A continuación pódese descargar o programa da xornada.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
programa_xornada_oportunidades_dos_produtos_locais.pdf | 1.01 MB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER