Culleredo ofrece asesoramento aos veciños para a escolarización dos nenos

Ata o 20 de marzo permanece aberto o prazo para a presentación das solicitudes de admisión correspondentes ao curso escolar 2014-2015. Trátase do proceso de escolarización no que participan todos os nenos e nenas que se incorporan por primeira vez ao sistema educativo, tanto en centros públicos como privados concertados, así como o alumnado que cambie de centro escolar.

Para apoiar ás familias cullerdenses neste procedemento, o Concello de Culleredo ofrece información e asesoramento desde a Concellería de Educación. O goberno local editou a "Guía de admisión de alumnos/as nos centros escolares de Culleredo" onde constan todos os pasos que deben dar os interesados.

O obxecto é "orientar" ás familias no proceso. A guía recoller as normas de cumprimentación da solicitude de admisión, así como as datas a ter en conta, os baremos de puntuación aplicables e o mapa de escolarización do municipio.

Culleredo conta con 4 zonas de escolarización, cun colexio público en cada unha: CEIP Tarrío, CEIP Sofía Casanova, CEIP Ría do Burgo, CEIP Isaac Díaz Pardo. (Achégase anexo coa zonificación).

O COncello ofrece tamén asesoramento aos interesados de xeito presencial. Basta con acudir ao departamento municipal de Educación, sito no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).

A solicitude debe realizarse no modelo oficial (Anexo II) que se facilitará en cada centro docente. Só se pode presentar unha solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Nesa solicitude os veciños poden facer unha relación de ata 6 centros por orde de preferencia.

Calendarización

  • Do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive: prazo de presentación das solicitudes de admisión.
  • A solicitude debe realizarse no modelo oficial (Anexo II) que se facilitará en cada centro docente. Só pódese presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Nesa solicitude poderán facer unha relación de até 6 centros por orde de preferencia.
  • Do 24 de marzo ao 3 de abril ambos inclusive, presentarase a documentación acreditativa dos méritos alegados, unicamente nos centros nos que exista máis demanda que oferta de postos escolares.
  • Antes do 25 de abril: publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos, ordenadas segundo aorde de puntuación obtido e onde consten as puntuacións asignadas por cada criterio.
  • Reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, anteo Consello Escolar no caso de centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
  • Antes do 15 de maio: publicación das listas definitivas de admitidos e non admitidos.
  • Impugnación das listas definitivas.
  • No caso de centros docentes públicos, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada.
  • No caso de centros privados concertados poderán formular unha reclamación. En ambos os casos, ante o Xefe Territorial no prazo dunmes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula no centro para o alumnado de educación infantil e primaria
Vista previaAdxuntoTamaño
guia_escolarizacion.pdf787.89 KB
zonificacion_escolar.pdf763.98 KB
resolucion_letras_sorteo_admision_2014.pdf140.62 KB
2014_anexo_ii_solicitude_admision_g.pdf518.55 KB
iprem.pdf27.06 KB
paxinas_webs_de_centros_escolares.pdf189.53 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina