O goberno de Culleredo mantén na educación un dos eixos prioritarios da actuación municipal, dentro das poucas competencias que na materia lle corresponden. O combate ao fracaso escolar é unha das accións que impulsa o Concello para apoiar aos mozos.
Así, o Concello de Culleredo lanza o programa "Supérate", un conxunto de clases de apoio para a preparación das probas libres de obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Está dirixido aos mozos que no seu día abandonaron os estudos.
A iniciativa contará con clases e sesións de reforzo onde se axudará aos participantes a desenvolver e comprender os contidos dos exames. Así mesmo, os mozos recibirán orientación de cara ás posibles saídas laborais ou de continuación de estudos unha vez conseguido o aprobado nestas probas.
Os interesados en apuntarse a poden facelo na Concellaría de Educación, sita no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), ou chamando ao 981 661208.
A concelleira de Educación, Carmen Varela, resalta o esforzo continuado do Concello para "proporcionar o máximo apoio aos mozos en materia educativa". Neste sentido, "Supérate" únese ao programa "Ponte a punto", unha serie de talleres que se celebran no verán, encamiñados a colaborar cos alumnos cullerdenses que teñen materias pendentes para os exames de setembro ou ben que desexan mellorar as súas técnicas de estudo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER