A Concellaría de Benestar e Muller colaborará coa actividade de cine-forum que a Asociación Mestura ten programada para o xoves 22 de maio, ás 18.00 horas, no Pazo de Vilaboa. A iniciativa enmárcase no proxecto da organización titulado “As nosas cores”, iniciativa financiada pola Fundación La Caixa co apoio do Concello.
A película sobre a que se vai traballar e debater ten o título de “La Clase”, de Laurent Cantet, Palma de Ouro no festival de Cannes, e que servirá de base para o posterior debate e reflexión sobre a educación e integración, eixos nos que se basa tamén o proxecto que se implementa en Culeredo “As Nosas Cores”.
A actividade é aberta ao público e gratuíta.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER