O Concello de Culleredo agradece a Insertegao traballo solidario desenvolvido na Feira da Reciclaxe celebrada o pasado 24 de maio no espazo multiusos do Paseo Marítimo de O Burgo. Insertega fixo entrega ao Concello de 150 kg de produtos alimenticios non perecedoiros, froito da xestión dun punto de recollida disposto no recinto feiral e do 10% do recadado en concepto de taxas aos participantes.
O recopiado será distribuído polo Fondo municipal de alimentos nas achegas periódicas que fai ás familias en situación de desvantaxe socioeconómica.
Insertega é unha iniciativa empresarial galega dedicada en exclusiva á xestión do residuo téxtil que proximamente ten previsto converterse nun centro especial de emprego para a contratación de persoas con discapacidade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER