Das 600 persoas que tomaron partida, desde o inicio do curso, no Campionato de Tute do Concello, que alcanzou este curso o seu XVI edición, dúas acaban de proclamarse as campioas. A parella de Ledoño, Zacarías e Carlos, venceu este fin de semana a final e alzouse co título.
O resultado da final foi:
ZACARIAS-CARLOS (CENTRO SOCIAL DE LEDOÑO) 15
MOSQUERA-SOUTO (BAR LAMELAS) 13
O terceiro posto foi para a parella de Antonio e Barbeito, do Bar A Palma.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, foi o encargado de entregar o trofeo aos gañadores, acompañado da edil de Cultura, Alicia Ferreiro, e do de Deportes, Miguel Suárez.
A Concellaría de Participación Cidadá, que organiza o torneo coa colaboración das asociacións de veciños e dos centros sociais e culturais, destaca o enorme interese que cada ano suscita este tradicional campionato.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER