O Burgo prepárase para acoller o venres, 18 de xullo, a súa propia Noite Branca, unha iniciativa do Concello de Culleredo e da Asociación de Comerciantes de Culleredo para incentivar a chegada de clientes ao comercio local. O goberno municipal e os comerciantes pecharon un amplo programa da que promete ser unha gran noite de compras e de animación nas rúas.
A Noite Branca desenvolverase no centro urbano do Burgo. Participarán 25 negocios no entorno da praza de Europa, rúa Sanjurjo de Carricarte, rúa Hersa, avenida de Acea de Ama e avenida de Galicia, que abrirán as súas portas no horario especial de 20.00 a 24.00 horas. Identificaranse cun cartel, farolillos e globos brancos.
Os descontos dos establecementos poderán chegar ata un 70%. A variedade de sectores comerciais da zona fai que os clientes podan atopar ofertas de diferentes clases nos negocios.
O Concello dinamizará ás rúas para atraer visitantes ao Burgo, con actividades xa desde as 17.00 horas en varios puntos do Burgo.
Na praza de Europa, de 17.00 a 20.00 horas, celebraranse as seguintes dinámicas:
Nas rúas peonís Hersa e Sanjurjo de Carricarte inaugurarase oficialmente a Noite Branca ás 20.00 horas, coa animación dun speaker. Ás 21.00 horas, un dúo de corda comezará a animación.
A praza de Sanjurjo de Carricarte acollerá os eventos máis nocturnos:
22:00 Mostra de tango
23:00 Danza de Belly Dance
23:30 Espectáculo de percusión africana Galuteranga
As rúas contarán con iluminación festiva e animación. Unhas estatuas viventes percorrerán os diferentes negocios, facendo representacións de micro teatro en cada un. Ademais, desde as 20.00 ás 24.00 horas funcionará un posto de pombiñas de millo, de balde, para as persoas que compren na zona comercial, ás que se lles entregará un ticket.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, destaca a “enorme calidade” do comercio de Culleredo e por iso invita aos veciños de toda a comarca a achegarse, gozar dos descontos, da animación e así coñecer un comercio local “moi traballado”. “Agora máis que nunca hai que apoiar aos pequenos negocios e desde o Concello tratamos de respaldalos ao máximo”, afirma.
O concelleiro de Dinamización Local, Juan Carlos Iglesias asegura que o goberno municipal impulsará "os máximos esforzos" para impulsar o desenvolvemento comercial a través de eventos e programas que coma este atraian a xente a Culleredo. A animación na rúa pretende incentivar a que os clientes acudan, mesmo en familia, gozando das actividades e visitando os comercios.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER