O Concello lanza unha nova programación para maiores

O goberno de Culleredo busca a participación activa dos maiores na vida do municipio. Para iso, cada parroquia conta cos seus delegados parroquiais, que son os encargados de transmitir ao equipo de goberno as súas necesidades e propostas.

O goberno municipal reuniuse a pasada semana cos representantes dos maiores de todas as parroquias. Celebráronse encontros cos veciños de Celas, Castelo, Sésamo, Sueiro, Ledoño, Boedo, Bregua, Orro, Tarrío, Vilaboa, Fonteculler, Almeiras e O Burgo.

Nas reunións, a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, e a de Sanidade, Pénelope López, avanzaron aos maiores a programación de actividades prevista para o que queda de ano, configurada en función das suxestións recollidas en pasadas reunións cos delegados.

As viaxes foron unha das propostas máis reiterada polos maiores. O goberno local, atendendo a ese interese, lanza 4 excursións para o que queda de ano, que foron moi ben acollidas polos delegados parroquiais. (Pódese descargar a continuación o programa de actividades para ou que resta de ano).

Nas reunións, ademais de falar do programa de actividades, o goberno local deu voz aos maiores para que trasladasen as súas ideas ou peticións. Non faltaron asuntos relacionados coas vías públicas ou con elementos urbanos, como os colectores.

Na última das reunións, que tivo lugar no centro municipal de Servizos Sociais, os delegados do Burgo requiriron a presenza de José Ramón Rioboo, primeiro tenente de alcalde, para trasladarlle diferentes cuestións. Os veciños apostan por distintas melloras no seu local social do Burgo, por potenciar as viaxes e por impulsar unha actividade de baile.

Rioboo escoitou atentamente as peticións dos delegados e acordou con eles manter unha reunión específica en setembro para ir concretando todos os temas.

Rioboo considera "fundamental" o traballo de xeito conxunto cos representantes dos maiores para garantir a idoneidade dos programas municipais para este colectivo. "Os maiores queren colaborar, teñen ideas e iniciativa e desde o goberno poremos todos os medios para atenderlles", sinala.

Vista previaAdxuntoTamaño
programacion_actividades_benestar.pdf1.28 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina