A Feira de Reciclaxe regresa ao Burgo tras os bos resultados logrados na súa primeira edición, que tivo lugar o pasado mes de maio. Levarase a cabo este domingo, 31 de agosto, no recinto multiusos do paseo marítimo. O horario de apertura comprenderá entre as 10.30 e as 20.00 horas.
A feira realízase co obxectivo de promover a reciclaxe e a reutilización de obxectos. Medio centenar de postos, de particulares ou asociacións, conformarán o evento, Mobles, bicicletas, manualidades, roupa ou antigüidades serán algúns dos bens que se poderán comprar na feira logrando así unha segunda oportunidade de vida para eles.
A Feira de Reciclaxe incluirá nesta edición diversas actividades para público infantil e adulto. Na carpa central desenvolveranse as actividades para todos os públicos:
Os nenos contarán co seu recuncho específico. Alí poderán atopar inchables, minigolf, un touro mecánico, e talleres de globoflexia e de pintacaras.
O Concello impulsa así un marco idóneo "para a reutilización de bens que doutra forma seguramente acabarían no lixo", explica a concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias. Ademais, sinala, o evento servirá para dinamizar o sector hostaleiro e comercial do municipio, ao ser un foco que atraerá público ao Burgo.
A feira está organizada por Ins3Rtega, iniciativa social emprendedora de reciclaxe téxtil de Galicia, en colaboración co Concello e coa Asociación Galega de Vendedores Ambulantes.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER