Bandos de alcaldía ante o paso da Volta Ciclista a España

O Concello de Culleredo informa os veciños, mediante bandos de alcaldía, das medidas a tomar con motivo do paso da Volta a España polo municipio, o vindeiro mércores 10 de setembro. O obxectivo destas medidas consiste en garantir a seguridade no transcurso da proba.

Por unha banda, efectuaranse diversos cortes de tráfico na franxa estimada de paso da Volta, primeiro da caravana publicitaria e logo dos ciclistas. A duración destes cortes variará segundo o horario definitivo de paso dos corredores.

Os cortes que se producirán son os seguintes:

  • A partir das 15.00 horas: estrada de Orro, rúas José Ramallo, Constitución e María Román.
  • A partir das 15.40 horas: estrada AC-400 ao seu paso por Valiñas, O Casal, Vinseira Pequena, Celas e Peiro de Arriba.

Será necesario así mesmo evitar o estacionamento nas beiravías das estradas por onde discorra a Volta.

Ademais, o Concello pide aos veciños que extremen as medidas para que os cans permanezan ben atados, e evitar así calquera incidente por saídas cara á carreira.

Vista previaAdxuntoTamaño
bando_volta_ciclista_orro-tarrio.pdf34.19 KB
bando_volta_ciclista_valinas-peiro.pdf34.27 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina