Os servizos sociais constitúen a área prioritaria de actuación para o goberno municipal. Aínda que os servizos de asistencia e atención aos veciños son os que acaparan os maiores esforzos, as actividades sociais tamén supoñen importantes beneficios para todos os colectivos do municipio, e polo Concello presentou un amplo programa con 34 grupos.
"O obxectivo é atender os ámbitos máis sensibles para os veciños de todas as idades", explica Lupe Pombo, concelleira de Benestar Social. A oferta reúne un total de 34 grupos, con diferentes horarios, e distintos centros sociais da zona urbana e tamén da rural.
O Concello estruturou o programa en 4 áreas que atenden ás principais necesidades sociais detectadas: a autonomía persoal, a vida laboral, o lecer social, e a saúde.
A concelleira de Benestar sinala que se trata dun programa "completo" que atende tanto a colectivos sociais como os maiores ou persoas con discapacidade, pero con múltiples variedades para a poboación en xeral. Pombo anima aos veciños a obter toda a información do programa en Servizos Sociais para atopar a oferta que mellor se adapta ás súas necesidades.
A preinscrición nas actividades iníciase o luns 8 e prolóngase até o día 15. Nos casos de maior número de solicitudes que de prazas se efectuará un sorteo o 23 de setembro.
O Concello sumará a esta oferta a programación de actividades culturais e deportivas, configurando así un conxunto de iniciativas moi amplo e acorde cos centros de interese e necesidades dos veciños de Culleredo.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
actividades_benestar_14-15_interior_diptico.pdf | 1.05 MB | |
actividades_benestar_14-15_exterior_diptico.pdf | 1.01 MB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER