Os servizos sociais constitúen a área prioritaria de actuación para o goberno municipal. Aínda que os servizos de asistencia e atención aos veciños son os que acaparan os maiores esforzos, as actividades sociais tamén supoñen importantes beneficios para todos os colectivos do municipio, e polo Concello presentou un amplo programa con 34 grupos.
A oferta reúne un total de 34 grupos, con diferentes horarios, e distintos centros sociais da zona urbana e tamén da rural.
O Concello estruturou o programa en 4 áreas que atenden ás principais necesidades sociais detectadas: a autonomía persoal, a vida laboral, o lecer social, e a saúde.
A preinscrición nas actividades prolóngase ata o día 15. Nos casos de maior número de solicitudes que de prazas se efectuará un sorteo o 23 de setembro.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
actividades_benestar_14-15_exterior_diptico.pdf | 1.01 MB | |
actividades_benestar_14-15_interior_diptico.pdf | 1.05 MB | |
orde_de_domiciliacion_de_adeudo_directo_sepa_gl.pdf | 433.66 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER