O Concello de Culleredo abre os centros educativos, tras a conclusión da actividade lectiva, para levar a cabo clases de apoio aos alumnos do municipio. É unha iniciativa enmarcada no plan do Concello contra o fracaso escolar, que ten como finalidade axudar aos estudantes con maiores dificultades a sacar adiante o curso.
A actividade, denominada "Ponte a punto", constará de dúas sesións semanais de dúas horas cada unha e levarase a cabo nos propios centros escolares. Haberá clases para Educación Primaria no CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Sofía Casanova, CEIP Ría do Burgo e CEIP Tarrío. As de Educación Secundaria desenvolveranse no IES Blanco Amor.
Nestas aulas de reforzo educativo trabállase o apoio educativo nas diferentes materias, a resolución de dúbidas, a preparación de probas e traballos académicos, e a impartición de actividades específicas de motivación ao estudo encamiñadas a potenciar o rendemento académico do alumnado.
A concelleira de Educación, Carmen Varela, apunta que este programa de reforzo e apoio educativo ten co propósito de frear o fracaso e o abandono escolar. "Queremos pór os medios para que o alumnado estableza durante o curso académico uns hábitos de traballo, un seguimento e un ritmo diario nos seus estudos", apunta.
Os grupos terán un mínimo de 6 alumnos e ata un máximo de 15. O prazo de inscrición está aberto ata o 3 de outubro.
Pódese obter máis información no Departamento Municipal de Educación, sito no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Ou por teléfono no 981 66 12 08. E por mail en educacion@culleredo.org.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
ponte_a_punto_interior.pdf | 287.02 KB | |
ponte_a_punto_exterior.pdf | 242.45 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER