O Concello de Culleredo lanza varios programas educativos para apoiar aos veciños na medida das súas competencias na materia.
En "Ponte a punto", o Concello de Culleredo abre os centros educativos, tras a conclusión da actividade lectiva, para levar a cabo clases de apoio aos alumnos do municipio. É unha iniciativa enmarcada no plan do Concello contra o fracaso escolar, que ten como finalidade axudar aos estudantes con maiores dificultades a sacar adiante o curso.
O Concello ofrece ademais clases de apoio para preparar as probas libres coas que se pode obter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O programa "Supérate" permitirá a mozos que no seu día abandonaron os estudos completar a formación Secundaria Obrigatoria.
O goberno de Culleredo tamén apoia aos pais e nais no seu traballo educativo cos seus descendentes. O goberno local abre a inscrición na Escola de Nais e Pais, un proxecto que pretende servir de apoio aos participantes no desempeño do seu papel cos seus fillos.
Información: Concellaría de Educación, sita en Vila Melania (Vilaboa), ou no 981 661 208.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
diptico_esa_interior.pdf | 183.48 KB | |
diptico_esa_exterior.pdf | 173.55 KB | |
ponte_a_punto_exterior.pdf | 242.45 KB | |
ponte_a_punto_interior.pdf | 287.02 KB | |
triptico_interior_escola_de_nais_e_pais.pdf | 238.25 KB | |
triptico_exterior_escola_nais_e_pais.pdf | 228.15 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER