Obradoiro de lingua de signos, nivel de perfeccionamento

O Concello de Culleredo desenvolveu a pasada primavera unha formación en linguaxe de signos, en nivel de iniciación. A concelleira de Educación, Carmen Varela, que acudiu á clausura, recibiu a proposta dos participantes de dar continuidade á iniciativa, pero en nivel máis avanzado.

A edila comprometeuse a estudalo e agora que comeza o outono xa lanza a iniciativa. Será o primeiro taller, en nivel de perfeccionamento, de lingua de signos. Para asistir é necesario acreditar que se posúe nivel básico.

A formación terá lugar en Vilaboa, no pazo de Vila Melania, desde 13 de outubro ao 1 de decembro. O horario será os luns e mércores de 19.00 a 21.00 horas.

A inscrición no taller ábrese o luns 29 de setembro, con preferencia para os empadroados en Culleredo. Os interesados poden dirixirse á Concellaría de Educación, sita en Vila Melania, ou chamar ao 981 66 1208.

A actividade formativa é totalmente gratuíta e forma parte do programa de educación municipal para complementar a formación regulada das aulas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina