Acordo entre o Concello de Culleredo e a Escola de Turismo da Universidade da Coruña

O goberno de Culleredo promove a realización de prácticas de estudantes universitarios no Concello, que lles sirvan para adquirir experiencia, á vez que permitan a realización de servizos aos cidadáns. En concreto, o Concello acaba de asinar un convenio de colaboración coa Escola Universitaria de Turismo do Centro Español de Novas Profesións, adscrita á Universidade da Coruña.

O obxectivo do acordo consiste en que alumnos de Turismo poidan desenvolver as súas prácticas de estudo no departamento de Promoción Económica e Turismo do Concello. As tarefas dos alumnos consistirán na xestión de programas turísticos municipais, labores de promoción territorial e de información turística.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, acaba de asinar o convenio con Carlos Rodríguez Carro, responsable da Escola, nun acto que tivo lugar na casa do Concello. O rexedor destaca que con esta actuación, o goberno municipal pretende "colaborar coa formación" do alumnado e reforzar a área de Turismo municipal.

Con este acordo, o Concello e a Escola consideran que os participantes obterán unha mellor preparación académica e obter unha experiencia moi positiva de cara a continuar a súa aprendizaxe e progresión.

As prácticas, de 4 meses de duración, serán supervisadas polo Comité de Prácticas do Centro Español de Novas Profesións.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina