O goberno de Culleredo quere aproveitar o tirón da época do Nadal para dinamizar e apoiar ao comercio local. Ademais das campañas e actividades que se leven a cabo durante o período do Nadal, o Concello aposta por colaborar cos comerciantes con accións de formación que lles permitan mellorar as súas prestacións de cara a incrementar ventas.
Neste sentido, contar un negocio ben decorado pode funcionar como efecto chamada ao cliente. Por iso, o Concello organiza este mes de novembro un curso de escaparatismo destinado aos comercios e perruquerías do municipio. O obxectivo consistirá en preparar aos comerciantes para deseñar o seu escaparate de acordo coas características da época.
O curso celebrarase entre os días 24 e 28 de novembro nas instalacións do Centro Municipal de Formación "Pablo Picasso". O Concello abre a inscrición para a iniciativa ata o venres 21.
O curso contará tanto con parte teórica como coa realización de prácticas entre os establecementos participantes. As sesións desenvolveranse a partir das 20.30 horas. O goberno local apostou por programar a iniciativa nun horario pouco habitual, pero que responde as necesidades dos comerciantes, que é a quen vai destinada a acción.
O curso será totalmente gratuíto. O equipo de goberno anima aos comerciantes a aproveitar este tipo de iniciativas que complementarán á campaña que desenvolverá o Concello con obxecto de promover as compras nos negocios cullerdenses.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
hoja_de_inscripcion_curso_escaparatismo.pdf | 282.5 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER