Os pequenos de Culleredo alucinaron esta fin de semana coa versión da música clásica que lles trouxeron 6 compoñentes da Orquestra Sinfónica de Galicia, fundadores do grupo Arcos Iris.
O Concello de Culleredo decidiu levar esta forma didáctica e entretida de vivir a música clásica ao ámbito rural. Así, decenas de nenos e proxenitores acudiron aos concertos infantís celebrados este fin de semana en Almeiras, no centro cultural, e en Celas, no parque da torre.
Violíns, violenchelo, viola e contrabaixo conformaron o cadro de instrumentos que se escoitou en Culleredo. Os nenos gozaron dunha selección de pezas coñecidas, pertencentes a distintos xéneros musicais, e aprenderon aspectos relacionados cos instrumentos e o modo en que se tocan.
Así mesmo, a través de xogos musicais, o grupo ensinou estruturas e dinámicas musicais, ritmo e melodía.
A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, resalta que a importancia de configurar espectáculos atraíntes para os nenos para que cumpran ou seu labor didáctico. E neste caso, móstrase convencida de que os asistentes saíron cun coñecemento e interese pola cultura musical maior do que tiñan.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER