Dende a Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.
Ditos cursos/as están dirixidos aos veciños/as do Concello de Culleredo, preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 débese posuir unha formación básica necesaria e para isto é preciso acreditar que se posúen certas titulacións, certificacións ou acreditacións. Cando o/a aspirante non posúe os requisitos académicos necesarios, que é a situación na que se atopan unha grande cantidade de veciños/as de Culleredo en situación de desemprego e demandantes de formación e emprego,existe outra vía de acceso que consiste na superación das probas de competencias clave que organiza a administración.
Estas accións formativas realizadas en anos anteriores, cunha grande acollida por parte dos veciños/as de Culleredo, permitiron que a maioría dos/as participantes superasen as probas e desta forma poidesen acceder aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade de nivel 2.
Nº DE CURSOS: 2
REQUISITOS DE ACCESO: Non ter formación regrada igual ou superior á ESO, 2º B.U.P., F.P I ou equivalente.
DURACIÓN DE CADA CURSO: 30 horas.
PRAZAS OFERTADAS: Cada curso conta con 20 prazas. O curso que non cubra como mínimo o 75% das prazas poderá ser cancelado.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS: No caso de que o número de solicitantes supere ao de prazas, realizarase un sorteo público. O resultado do sorteo publicarase no taboleiro de anuncios do Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso" do Concello de Culleredo a partires do 17 de marzo de 2015.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso" do Concello de Culleredo.
R/ Antonio Machado, s/n. O Burgo – Culleredo.
Tfno.: 981664204
PRAZO:
Do 9 ao 11 de marzo de 2015.
De 9:00 a 14:00 horas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER