O Concello de Culleredo abre o luns 9 de marzo a convocatoria de inscrición nos campamentos urbanos de primavera. A acollida das dúas primeiras edicións foi moi boa por parte das familias cullerdenses, o que leva ao goberno municipal a repetir coa experiencia.
A actividade aproveitará os días non lectivos da Semana Santa para proporcionar unha alternativa de lecer aos nenos cullerdenses, quen ademais de recibir atención, desenvolven actividades educativas.
Os campamentos urbanos de primavera celebraranse no Burgo, no Edificio de Servizos Múltiples. Terán lugar desde o 30 de marzo ao 6 de abril, fóra dos días festivos e o sábado. Diríxense a nenos de 3 a 12 anos de idade, tendo preferencia os empadroados no municipio de Culleredo.
O programa de actividades estará guiado nesta ocasión polo coñecemento do municipio, que se quere difundir entre os pequenos. levarán a cabo actividades na contorna de Culleredo para promover o respecto ao medio.
O prazo de inscrición, ata o 13 deste mes, e pódese realizar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER