Os veciños de Boedo xa gozan do novo centro social. Finalizados os traballos de instalación da casa, o Concello de Culleredo entregou aos residentes as chaves do local veciñal, situado na chaira xunto á ponte da AVE, onde leva a cabo a tradicional festa no verán.
Os veciños celebraron a apertura do centro social. O alcalde, Julio Sacristán, a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, e a edila de Promoción Económica, Marta Iglesias, acompañáronos no acto.
O centro social está preparado para acoller as actividades e reunións dos veciños do núcleo. Conta con espazo diáfano pero polivalente para poder levar a cabo os distintos tipos de cursos, charlas e programas. Dispón así mesmo de aseos adaptados e dunha pequena cociña.
O centro social levántase nunha parcela de ADIF, cunha superficie duns 500 metros cadrados. Para poder acometelo, o Concello tivo que acordar o arrendamento coa administración por unha contía simbólica de 100 euros ao ano.
O goberno local, con esta actuación, pon a disposición dos veciños unha alternativa coas mellores prestacións para as súas necesidades. Pero xa deu un segundo paso para incrementar o espazo: o pleno aprobou hai dúas semanas un plan de investimentos que inclúe a instalación dun segundo módulo de madeira.
A actuación permitirá duplicar a superficie e que os veciños desenvolver á vez actividades nun espazo diáfano, mantendo o uso das mesas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER