Culleredo celebra o Día Europeo de Protección do Consumidor Financeiro

O Concello de Culleredo prosegue coa súa colaboración con ADICAE, en prol dos dereitos dos consumidores. Nesta ocasión, o municipio cullerdense forma parte da campaña da entidade aproveitando a celebración do Día Europeo de Protección do Consumidor Financeiro.

A actividade será o xoves, 4 de xuño, ás 19.00 horas no Pazo de Vila Melania (Vilaboa). Será unha conferencia a cargo de ADICAE, co obxectivo de asesorar aos consumidores e analizar o panorama actual no sector do consumo financeiro.

A primeira sesión falará dos riscos das malas prácticas no deseño e a comercialización de produtos. Logo, ás 19.30 horas, baixo o título de "As leccións da crise", abordarase o futuro do sector financeiro en España para os consumidores, tras a reeestructuración bancaria e as reformas aplicadas.

A xornada pecharase cun debate aberto.

O goberno local anima aos veciños a acudir ao encontro para obter información sobre os seus dereitos como consumidores.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina