Curso de condución segura para mozos

Tras o éxito alcanzado nas edicións do ano pasado, o Concello lanza un Curso de Condución Segura para os mozos do municipio. Esta pensado para os mozos con idades desde os 18 aos 35 anos, con carné de conducir, que é obrigatorio presentar o día do curso.

O curso, gratuíto, desenvolverase o sábado 13 e o domingo 14 de xuño, no recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo. Cada un dos días haberá un curso, en horario de 9.00 a 18.00 horas.

Incluirá contidos teóricos e prácticos. Neste segundo ámbito haberá exercicios con coches para poder afrontar unha condución co chan deslizante.

Os formadores centrarán as sesións en promover a conducción segura ou a evasión de riscos. Tamén intentarse depurar o estilo nos casos necesarios.

As inscricións pódense efectuar ata o día 11 no centro municipal Pablo Picasso. A asignación das prazas realizarase por orde de inscrición.

Máis información: 981 664204 e cipax@culleredo.org.

Vista previaAdxuntoTamaño
triptico_conduccion_2015.pdf2.47 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina