O Concello de Culleredo desenvolve anualmente unha programación didáctica cos colexios en diferentes ámbitos. Trátase dunha formación que complementa á regulada e que se acorda cos propios docentes.
Entre eses ámbitos atópase a educación patrimonial. Baixo a premisa de que é importante que os escolares coñezan as orixes e os recursos do municipio no que viven, o Concello organiza rutas didácticas para descubrir a historia e a natureza de Culleredo.
Son uns 700 escolares dos colexios de Tarrío, Sofía Casanova (Vilaboa), Ría do Burgo e Ponte Pasaxe (Fonteculler) os que participan. As actividades desenvólvense entre maio e xuño.
O programa estruturouse en tres bloques. A ruta didáctica pola Idade Media levou aos alumnos de 4º á Torre de Celas, a igrexa do Burgo e a ponte romana, tres elementos clave daquela etapa. A ruta didáctica pola Idade Moderna concentrouse no Pazo de Vilaboa, para alumnos de 5º e 6º.
E finalmente a actividade "Culleredo ao descuberto" leva a escolares de 6º ao Monte Xalo, un percorrido que o Concello potencia nas aulas desde hai moitos anos. Hoxe chegoulles a quenda aos alumnos do CEIP Tarrío que coñeceron un potencial natural no Xalo que a maioría admitiu descoñecer.
A concelleira de Educación, Carmen Varela, destaca a importancia de "coñecer as túas raíces, máxime cando vives nun lugar con tanto patrimonio de diferentes épocas". A edila sostén que este tipo de actividades axudan a "entender a historia" ao vela en primeira persoa.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER