Os hortos urbanos de Culleredo tamén explotan unha colleita solidaria. Os participantes no proxecto municipal recentemente estreado no xardín botánico do Burgo, realizaron a súa primeira doazón de produtos de cultivo de horticultura ecolóxica ao Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo.
Esta doazón de colleita é o resultado da produción de produtos de horticultura ecolóxica (leitugas, acelgas, tomates, xudías...) realizada polos usuarios nas parcelas habilitadas para este fin polo Concello e que os participantes colaboran mantendo. A iso sumaron os sobrantes de colleitas nos seus propios hortos.
Con esta achega inicial poderase beneficiar a 18 familias de Culleredo en situación de poucos recursos.
O Concello de Culleredo puxo en marcha en abril os hortos urbanos do Burgo, tras lograr notable éxito nos de Vilaboa. Con eles propíciase unha opción de autoconsumo para os usuarios e incorporáronse hortos solidarios para contribuír co banco municipal de alimentos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER