Os hortos urbanos de Culleredo explotan a súa vertente solidaria a todo ritmo. Os participantes no proxecto municipal que leva a cabo no xardín botánico do Burgo realizaron unha nova doazón de produtos de cultivo de horticultura ecolóxica ao Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo.
Esta doazón de colleita é o resultado da produción de produtos de horticultura ecolóxica realizada polos usuarios nas parcelas habilitadas para este fin polo Concello e que os participantes colaboran mantendo. Entre os produtos entregados pódense ver berenjenas, tomates, leitugas, acelgas, verzas ou xudías, entre outros
Con esta achega poderase beneficiar a 18 familias de Culleredo en situación de poucos recursos.
O Concello de Culleredo puxo en marcha en abril os hortos urbanos do Burgo, tras lograr notable éxito nos de Vilaboa. Con eles propíciase unha opción de autoconsumo para os usuarios e incorporáronse hortos solidarios para contribuír co banco municipal de alimentos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER