O proxecto hortos urbanos que o Concello de Culleredo puxo en marcha a pasada primavera no Burgo non se limita á concesión temporal de parcelas aos participantes. O goberno local quere promover a sustentabilidade ambiental na produción hortícola e por iso forma especificamente aos adxudicatarios en agricultura ecolóxica en todas as súas vertentes.
Unha vez capacitados para realizar os cultivos e desenvolver as técnicas que foron necesarias, o Concello dá un paso máis e forma aos 26 participantes en novos contidos de horticultura ecolóxica. Onte e hoxe participaron nun taller de envasado de conservas de produtos ecolóxicos.
Aprenderon así que proceso emprender para facer conservas dalgúns dos produtos que cultivan, como pementos. "Trátase de que se formen en toda a cadea para sacar o máximo rendemento á súa produción", explica Juan Carlos Lovelle, concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico.
E o próximo 2 de outubro, tamén no xardín botánico do Burgo, a formación versará sobre a produción de sementes e a mellora vexetal.
O alumnado deste plan de formación en horticultura iniciou en maio a formación práctica en horticultura ecolóxica nos hortos asignados a cada un deles, e desde aquel entón estiveron a realizar cultivo ecolóxico de tempada de verán obtendo unha moi boa produción.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER