O traballo contra o absentismo escolar do Concello, galardonado por el Ministerio de Educación

As medidas contra o absentismo e o fracaso escolar constitúen unha prioridade nas políticas sociais e educativas do Concello de Culleredo. Esta aposta acaba de ter o recoñecemento do Ministerio de Educación e da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Culleredo é o único municipio de Galicia e un dos 7 de España que é premiado no marco do I Concurso de Boas Prácticas sobre prevención do abandono escolar, convocado pola FEMP e o Ministerio. O galardón recoñece as actuacións máis eficaces e innovadoras do ámbito da prevención do abandono escolar.

O Concello gaña este premio concorrendo ao mesmo con dúas medidas específicas que desenvolve contra o abandono escolar, e que están incluídas en Plan Municipal de Prevención contra o absentismo escolar. Trátase da posta en marcha da Comisión de Absentismo Escolar e a creación dun Observatorio Municipal de absentismo escolar xunto cunha aplicación informática DECO onde se poidan rexistrar e extraer datos en rede desde aquelas áreas que interveñen directamente co alumnado absentista o fin de buscar a estratexia necesaria para evitar o abandono escolar.

Recoñécese así o traballo conxunto que promove o goberno local, sumando os esforzos da comunidade educativa, os técnicos municipais de Educación, o departamento municipal de Servizos Sociais e a Policía Local. Unha tripla atención que permite identificar os casos, atender a nivel de servizos sociais a aqueles que o requiren impulsando mediación familiar. O papel dos axentes da Policía Local é outro dos alicerces do plan, pois ao participar poden intervir e identificar casos coñecendo as casuísticas.

O traballo do Concello de Culleredo neste ámbito é continuo. De feito, nos últimos dous anos desenvolveu un proxecto europeo coa rexión italiana de Calabria para analizar e crear novas estratexias contra esta problemática.

Xunto con Culleredo, foron recoñecidos nestes premios os municipios de Xixón (Asturias), Chiclana (Cádiz), Cartaxena (Murcia), Alacante, e Los Palacios y Villafranca (Sevilla), e a mancomunidade de Safor (Valencia).

Este concurso impulsouse co obxectivo de sentar as bases dun futuro traballo en rede e de habilitar un espazo no que sexa posible o intercambio de experiencias, ideas e proxectos de éxito desde as políticas máis próximas á cidadanía. As medidas premiadas serán recollidas nun Manual e dadas a coñecer para a súa aplicación noutros territorios.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina