Aniversario do CRA

Data : 
Sábado, 24. Outubro 2015 (Todo o día)

O Centro Rural Agrupado (CRA) de Culleredo naceu hai 10 anos xuntando ás diferentes escolas unitarias do rural do municipio. Hoxe en día segue en funcionamento na Choeira (Almeiras), Sésamo, Ledoño e Vinseira. Só rexistrou a baixa da antiga escola de O Curro, derrubada coa ampliación do aeroporto, e cuxos alumnos pasaron a Sésamo.

Esta pervivencia dun proxecto educativo no rural ben merece unha celebración polo seu décimo aniversario. Así o pensaron desde o CRA, que coa colaboración do Concello de Culleredo, celebrarán este recordo cunha Romaría na Torre de Celas o próximo 24 de outubro.

Así, alumnos e ex alumnos reuniranse para pasar unha xornada de convivencia. Empezará ás 11.30 horas, coa visita á exposición fotográfica "Facendo historia non CRA". Ás 13.00 horas terán lugar as palabras dos profesores e unha sesión de contacontos.

Ás 14.00 horas comezará a comida campestre, cun menú formado por empanada, paella, larpeira, bebida e café por 8 euros. E pola tarde haberá sesión de xogos e actividades lúdicas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina