O Concello de Culleredo lanza un programa específico de actividades para os mozos. E para facilitar a súa participación, o equipo de goberno decidiu que sexan gratuítas.
Desenvolveranse os venres no centro social de Fonteculler. O Concello busca modalidades que responden os centros de interese dos mozos. Son as seguintes:
Para participar nas actividades é necesario inscribirse previamente ata o día 29 no Centro Municipal "Pablo Picasso". Pódese contactar por teléfono no 981 664 204, no 620 008 450, ou no correo electrónico cipax@culleredo.org. Todas as actividades diríxense a mozas de 14 a 18 anos de idade.
Ademais destas actividades, o Concello de Culleredo organiza o sábado 31 de outubro, en horario de 20.00 a 23.00 horas, na polideportivo Ría do Burgo, a Festa do Samaín. Está dirixida a mozos de 14 a 21 anos.
O Concello recomenda aos asistentes que acudan disfrazados. Para acudir é necesario inscribirse no mail cipax@culleredo.org antes do día 30.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
triptico_actividades_xuvenis.pdf | 4.25 MB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER