O Concello de Culleredo lanzou a inscrición para a próxima saída dos maiores: unha excursión á ría de Ares. Terá lugar o sábado 14.
A actividade enmárcase no programa de visitas a paraxes naturais que están a efectuar os maiores. Ademais do percorrido pola ría, tamén se ofrece a posibilidade dunha comida - baile.
O prezo de asistencia será de 10 euros para empadroados e 13 para non empadroados. A comida, á parte, é de 16 euros.
A inscrición estará aberta até o vindeiro luns. Os interesados poden contactar por teléfono cos centros municipais de Servizos Sociais: 981 654 570 (O Burgo) ou 981 660 079 (Vilaboa).
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER