Vilaboa acolle unha formación en primeros auxilios de menores

ALMA, Apoio á Lactación Materna, coa colaboración do Concello de Culleredo, organiza a xornada "Coidados sanitarios e primeiros auxilios de menores". Será este venres 20 de novembro no Pazo de Vila Melania, en horario de 17.00 a 20.30 horas.

A actividade ten como obxectivo a educación preventiva de accidentes e abordaxe de situacións de emerxencia sanitaria. Como relator da xornada contarase co pediatra do Centro de Saúde de Culleredo: Pablo Martínez Abad.

ALMA, Apoio á Lactación Materna é unha asociación apoiada polo Concello de Culleredo e formada por nais cuxa principal función a realizan nos Grupos de Apoio á Lactación, reunións que serven de encontro a familias con dúbidas e diferentes experiencias non só en lactación, senón en soño, porteo e alimentación complementaria principalmente.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina