Culleredo súmase á campaña da asociación Parkinson Galicia para sensibilizar á cidadanía sobre a enfermidade. Por iso, este venres 20 de novembro, a asociación e o Concello plantarán unha árbore no paseo marítimo do Burgo (xunto á EDAR á beira do Xardín Botánico) un álamo temblón, cunha placa conmemorativa.
A actividade, que terá lugar ás 17.15 horas, tenta concienciar á poboación cullerdense dunha maneira permanente sobre a enfermidade do Parkinson visibilizándola a través deste símbolo, ademais de contribuír á conservación do medio ambiente. A iniciativa forma parte dun proxecto que leva a cabo en España por parte da Federación Española de Parkinson.
Culleredo colabora coa asociación Parkinson Galicia, coa que ten un convenio de colaboración desde o ano 2010. Nestes momentos, 24 cullerdenses benefícianse dos servizos da entidade: fisioterapia, logopedia, apoio psicosocial a familiares...
Despois da plantación da árbore, os participantes no acto terán unha sesión de convivencia na aula da Natureza e degustarán produtos do outono e desfrutarán dunha actuación musical.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER