O Concello de Culleredo aposta de novo por proporcionar aos veciños unha alternativa de lecer infantil durante as vacacións escolares de Nadal. O Burgo acollerá un campamento urbano do 21 de decembro ao 5 de xaneiro, agás fins de semana, festivos e 24 e 31, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
O campamento urbano terá lugar no CEIP Isaac Díaz Pardo. A actividade comprenderá de 9.00 a 14.00 horas. O programa de actividades estará guiado pola Dragona Ramona, mascota da Biblioteca Infantil cullerdense, que proporá un "Pintar de cores ou Nadal" aos pequenos.
As dinámicas que levarán a cabo no campamento seguen unha metodoloxía lúdica, educativa e activa. As actividades abarcarán obxectivos desde deportes, talleres, actividades de educación en valores, de promoción de hábitos saudables, de fomento da igualdade, ambientais, saídas e festas.
A inscrición no campamento estará aberta ata o luns 14, para optar a unha das 80 prazas ofertadas. Os interesados terán que dirixirse ao Conservatorio para formalizala.
O 18 de decembro, ás 20.15 horas en Vila Melania, celebrarase unha reunión cos pais e representantes legais dos participantes con obxecto de informarlles de todos os detalles da actividade. No transcurso do campamento habilitarase un blog para comunicar o desenvolvemento do mesmo.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
boletin_inscricion_campamento_nadal_2015-2016.pdf | 217.22 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER