Dous dos principais runners españois levarán o running aos cullerdenses. O Concello de Culleredo, coa colaboración da asociación Castelo Deporte, organiza mañá, venres 11, e o vindeiro martes 15 o programa "Corre Culleredo!".
Comporase, en primeiro lugar dun apartado teórico, no que os runners darán indicacións aos afeccionados que asistan sobre esta variante deportiva tan en auxe na actualidade. Mañá a sesión será en Vila Melania (Vilaboa) ás 20.00 horas, con Borja Sánchez. E o martes será ás 19.00 horas no centro municipal Pablo Picasso (O Burgo), con Pedro Nimo, campión de España de maratón, e o propio Borja Sánchez.
Finalizada a sesión teórica, xunto cos recoñecidos runners, comezará a parte práctica. Haberá running polo paseo marítimo do Burgo e o parque Juan Carlos I.
A saída xa será desde o mesmo lugar da charla. Os primeiros 50 participantes de cada día recibirán unha camiseta técnica conmemorativa.
Coa iniciativa, o Concello quere promover unha actividade para a que Culleredo ten "condicións inigualables", apunta o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez. Ademais, sinala, a idea é formar aos afeccionados, con deportistas de primeiro nivel, para o desenvolvemento adecuado do running.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER